táboas

Escenario dun teatro

Etimoloxía

Voz que procede da latina equivalente tabula ‘táboa’.

Exemplos *

“Despois de 20 anos afastado das táboas do teatro, Juanjo Puigcorbé (Barcelona, 1955) volve coa sensación de non irse "nunca" e cunhas excelentes críticas que apuntan a que "se loce durante toda a obra", El crítico.” (Carla Fraga: De Luns  a Venres, 25-1-2013)

“Agora regresa, comodamente afincada na dirección, con este O segredo dos Hoffman que sorprende pola capacidade de Álvarez para acertar coas claves escénicas dunha historia que, en realidade, éo todo sobre as táboas grazas a unha intelixente dosificación dos ritmos dramáticos.” (Inma López Silva: Tempos Novos, 10-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.