Homicidio con circunstancias agravantes
Etimoloxía
Termo tomado do italiano assassinato vinculado con assassino que ten orixe na voz árabe ḥaššāšīn ‘persoa adicta ao haxix’.
Exemplos *
“Non teñas tanta présa. Non querías resolver o asasinato? Non insistiches tanto? Pois agora xa o resolviches, detective. Ou xa se che quitou a gana? Non é coma nas películas ou as novelas, non?” (Marta Villar: Detective Ferruchi, 2024)
“Estiven varios días planificando o asasinato e, se non resultou, foi porque ao final se torceron as cousas. E non, non me arrepinto de nada, aínda que para saír coa condicional dixera que si, porque logo viría todo rodado. Estas cousas que che estou contando, son entre ti e mais eu.” (Inma López Silva: Aqueles días en que eramos malas, 201
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


