ascendente

Persoa ou parente de quen se descende.

Etimoloxía

O étimo latino era ascendens, -entis, participio de presente do verbo ascendere ‘subir’.

Exemplos *

“Aquel vello fachendoso, lonxe de gabarse dos conceptos relixiosos dos seus, que estaban xa daquela alcanzando rango universal, prefería contarlle á neta que foran os seus ascendentes os primeiros en intentar unha explicación racional do universo.” (Mª Xosé Queizán: Amantia)

“Nos emigrados galegos ás terras do Cono Sur figuran ascendentes dalgúns dos máis importantes persoeiros da independencia …” (Carlos Sixirei Paredes: A emigración)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.