ascendente

Persoa ou parente de quen se descende.

Etimoloxía

Chega desde o participio presente latino ascendens, –entis que vén do verbo ascendere 'subir'.

Exemplos *

"A textura dos labios finos, delicados, e, sobre todo, a cor dos ollos que, desde sempre, foran amentados na familia como o máis próximo ascendente dos seus." (Manuel Forcadela: Paisaxe con muller e barco)

"Calcúlase que van transcorridos cinco mil anos desde os que nos observan os antepasados, os ascendentes, os devanceiros." (Avelino Abuín de Tembra: Galicia Hoxe 13-02-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.