asentamento

Feito de se estableceren os colonos en novas terras que se reparten.

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “asentar” e esta procede do latín vulgar *adsentare ‘tomar asento’.

Exemplos *

“Asustouse e foi esconderse entre as ruínas dun vello asentamento celta, onde o tempo se detivera a xogar coas lembranzas.” (Carlos G. Reigosa: Xentiario, 2009)

“O verme do republicanismo non prendera aínda naquel asentamento colonial e esa era unha vantaxe que tiñamos que aproveitar.” (Xavier Queipo: O paso do noroeste, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.