Conxunto de técnicas que se empregan para preservar o organismo de xermes infecciosos / Ausencia total de microorganismos
Etimoloxía
Voz tomada do francés asepsie.
Exemplos *
“Non hai porque coller infeccións sen necesidade. (...) Todo o mundo aforraría moitos trastornos e doenzas se se seguisen unhas normas elementais de hixiene e asepsia.” (Suso de Toro: Tic-tac, 1993)
“O edificio do sanatorio estaba construído en estilo racionalista: longas liñas rectas de cemento pintado de branco, diáfanas fiestras nas que non se distinguían cortinas e un cheiro deliberado a lixivia nada máis entrar, a asepsia, ese cheiro ao que se lle colle aprehensión desde neno.” (Manuel Gago: O exército de fume, 2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


