asilo

Protección e refuxio que un estado concede aos perseguidos por motivos políticos.

Etimoloxía

Chegounos a través do latín, da forma asylum, -i 'lugar inviolable', aínda que procedía do grego asulon, que viña sendo a negación de sulan 'saquear'.

Exemplos *

"Sabían que no Couto, nin España nin Portugal tiñan xurisdicción e que pola contra gozaba do dereito de asilo." (Luís Manuel García Mañá: O lume de Santo Antón)

"Tocáronse case todos os aspectos do fenómeno migratorio, aínda que se notou o silencio referido ao tema do dereito de asilo." (Begoña Martínez Banet: Tempos Novos 2009-10)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.