asneira

Dito ou feito que demostra pouca ou ningunha intelixencia

Etimoloxía

Voz derivada sobre “asno” que procede do latín asĭnus de significado semellante.

Exemplos *

“Descadasí, en col dos teitos, / hai «antenas» fachendosas, / pra levarlle, aos esfameados, / o anuncio dalgunha «Kola », / as asneiras que os fan rír / e os adxectivos de moda...” (Florencio Delgado Gurriarán: “Subdesenrolo”, O soño do guieiro, 1986)

“—A culpa é toda túa por querer obligalos a durmir na xaula! Xa sabía eu que acabarías faendo algunha asneirada das túas...

—Era unha broma. Eu só quería saber se tiñan ou non algún sentido do humor. Polo visto non acertei.” (Francisco Barxa Iglesias: Os cabalos da troula, 1984)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.