asombro

Impresión de medo producida por algo.

Etimoloxía

Palabra que xorde ao redor do termo sombra e este do vocábulo latino umbra, –ae 'sombra'.

Exemplos *

"Produce asombro, mágoa e carraxe o que está a acontecer con Ferrol." (Henrique Harguindey: A Nosa terra 08-02-2007)

"Martiño xa deixara de gritar, algo que Serafina agradeceu, e miraba para ela coa mesma cara de asombro que se estivese vendo unha pantasma." (Teresa Costa González: A filla do ladrón de bicicletas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.