Comezo da manifestación de algo
Etimoloxía
Voz que nos remite ao verbo “asomar” que remite ao latín vulgar *assummare ‘subir ao alto’.
Exemplos *
“O recendo da carne e das patacas fritas abriulle o apetito e ata sentiu un asomo de alegría.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)
“Nos Truman cada un tiña o seu alcume e a min chamábanme Minibarbi, porque daquela non tiña barba, nin asomos; despois Miniárbitro, porque con 14-15 anos era árbitro de baloncesto, e quedoume Mini, e como non me facía mal ningún...” (Xosé Manuel Pereiro [entrevistador]: Luzes, 8, 1-2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.