aspiración

Desexo moi forte de alcanzar algo

Etimoloxía

Termo que procede do latín aspiratio que ten un significado semellante.

Exemplos *

“(...) pouco antes de morrer confesa tamén Álvaro Cunqueiro cando di: "Se a miña obra ten un sentido, teno no meu desexo profundo, na miña aspiración máis profunda, en algo polo que eu daría a vida, que é que a nosa lingua continúe, que Galicia siga".” (Ramón López Vázquez: Domingo García-Sabell e a fenomenoloxía, 2013)

“Ademais, as aspiracións dos de Boallo non rematan aquí, pois en breve pensan trasladarse a Compostela para viviren de maneira definitiva nesta cidade.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.