Perda ou diminución da forza física
Etimoloxía
Termo que bebe do vocábulo grego asthéneia 'debilidade'.
Exemplos *
“Meus queridos lectores, ninguén escapa á astenia outonal... Os días fanse máis curtos, especialmente agora, logo do cambio de hora que de mañá nos fai marchar cara ás nosas ocupacións con máis luz, pero que trae a noite máis axiña, acurtando o tempo de goce da irradiación natural.” (Ruth Fernández Fernández: Galicia Hoxe, 9-11-2010)
“O empeoramento era evidente: astenia, adelgazamento... Sorprendía que non tivese a dor que acompaña o cadro no proceso de deterioro.” (Xosé Vázquez Pintor: Quen faga voar, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.