Corpo celeste de características rochosas e pequenas dimensións, que gravita arredor do sol.
Etimoloxía
Palabra de orixe grega, concretamente, de asteroeidés, –es 'de forma de estrela' que é un híbrido formado por aster 'estrela' e eidos 'forma'.
Exemplos *
"E alí bate co principiño, un rapaz que procede dun planeta pouco máis grande ca unha casa, o asteroide B-612…" (Agustín Fernández Paz: O centro do labirinto)
"Os xeólogos comparan a entrada desas rochas desprendidas co impacto dun asteroide." (Alberto Cifuentes: Galicia Hoxe 02-02-2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.