astracán

Pel negra, gris ou marrón, fina e rizada, orixinaria da cidade rusa de Astrakán, que se obtén do año ao pouco de nacer

Etimoloxía

Préstamo do francés astrakan ‘pel’ tomado do topónimo ruso Ástrakhan ‘cidade próxima ao Caspio’.

Exemplos *

“...cando o Mourán sentía que o visitaba o aburrimento, collía a súa zamarra de pano con vistas e trabas que semellaban de astracán_ que seica lla regalara don Raimundo Froilán_ e ía para a taberna a parrafear cos veciños e tomar uns vasos.” (Carlos G. Reigosa: Tras da corda, 2012)

“A empresa de orixe galega Makari presenta unha serie de bolsos en pel que é o material máis 'in' da temporada. Con asas de man e formas xeométricas, elaborados en visón, astracán, raposo e castor e en cores como o violeta, o laranxa ou o marrón.” (Raquel Martínez: O Correo Galego, 14-10-2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.