astrofísica, -o

Persoa que se dedica á astrofísica

Etimoloxía

Vocábulo que se forma co prefixo “astro-” (estrela) e “físico” que vén do latín physĭcus, e este do grego physikós 'relativo á natureza'.

Exemplos *

“A medición das localizacións e os atrasos temporais entre as imaxes da supernova debería permitir aos astrofísicos recoñecer a cantidade de materia escura da galaxia e do cúmulo.” (Dosi Veiga: GCiencia. O portal da ciencia galega, 3-2015)

“Minia Manteiga, a única astrofísica que traballa na Universidade da Coruña como coordinadora do grupo da UDC integrado nun ambicioso proxecto de investigación da Axencia Espacial Europea, que ten como reto nada menos que a observación de máis de mil millóns de estrelas, elaborando con elas o primeiro mapa multidimensional da Galaxia.” (AA.VV.: U+S. Universidade & Sociedade Blogpaper, 7-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.