astrolabio

Instrumento en forma de disco plano para observar a posición dos astros e, segundo esta, deducir a latitude e a lonxitude

Etimoloxía

Voz culta que bebe do grego astrolábion que, á súa vez, é un composto formado por ástron, ‘astro’, e lambánein ‘tomar (a altura)’.

Exemplos *

“Na academia de Sagres perfeccionaríase o cuadrante, un instrumento para medir a latitude, de manexo máis sinxelo que o astrolabio, e imprescindible para a elaboración de cartas náuticas do océano e das costas de África.” (Xerardo Neira: O Correo Galego, 2000)

“Quero dicir que cun astrolabio podes orientarte coas estrelas cando viaxas nun barco, polas noites, cando non hai outros puntos de referencia máis ca elas.” (Francisco Castro: O segredo de Marco Polo, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.