astronauta

Persoa que como piloto ou pasaxeiro viaxa nunha nave espacial, fóra da atmosfera terrestre.

Etimoloxía

Formouse tomando os elementos astro e nauta 'navegante', ambos os dous de orixe grega, a imitación do francés astronaute.

Exemplos *

"Estás atrapado como aquel astronauta ao que Alien, o oitavo pasaxeiro, utilizou como caseta do can." (Camilo Franco: Palabras contadas)

"O traballo de astronauta é fascinante, perigoso e, tamén, moi escaso. En toda a historia da humanidade só un fato de persoas cunha capacidade e preparación extraordinarias foron e son tripulantes de naves espaciais." (Xurxo Mariño Alfonso: Po de estrelas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.