astronáutica

Ciencia que estuda a navegación espacial

Etimoloxía

Préstamo que vén do francés astronautique de significado semellante.

Exemplos *

“E é que se avanzou moito na astronáutica, pero a distancia a percorrer na ida e na volta nesa hipotética viaxe é moi longa, e mesmo é imposible manter conexións en directo pola imposibilidade de salva-las distancias coa actual tecnoloxía das telecomunicacións.” (Enrique Neira: O Correo Galego, 17-5-1999)

“Exiliado en Francia trala Guerra, continuou as súas investigacións en aeronáutica e astronáutica e alertou sobre os perigos das armas nucleares.” (Redacción: O Correo Galego, 9-12-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.