Nave para viaxar polo espazo.
Etimoloxía
Neste caso, os elementos cos que se formou foron astro e nave, esta procedente do latín navis, -is.
Exemplos *
"… non hai evidencia seria ningunha desas "visitas" intermitentes a cargo de estrambóticas astronaves, popularizadas pola sub-literatura de ciencia ficción e o xornalismo sensacionalista …" (Arturo Lezcano: Os dados de Deus)
"Formando parte dun desfile incrible de máquinas do tempo, astronaves habitadas, formigas xigantes, ou mesmo un rinoceronte que navegará polo río …" (Carlos Blanco Vila: Tempos Novos 05-1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.