Persoa que se dedica á astronomía
Etimoloxía
Vocábulo que bebe do latín tardío astronŏmus, e este, á súa vez, do grego astronómos de significado semellante.
Exemplos *
“O 71% dos consultados nomea a homes ao ser preguntado por tres científicos vinculados a grandes descubrimentos. O 77% cre que foi un varón o que descubriu que as estrelas están compostas nun 98% por helio e hidróxeno –foi a astrónoma británica Cecilia Payne-Gaposchkin.” (Diana Mandiá: GCiencia. O portal da ciencia galega, 0-2015)
“Ollar os afastados astros, (...), é botar unha vista ao seu pasado. Igual que o espazo e o tempo con que traballan os astrónomos e as astrónomas nos resultan sorprendentes, tamén as velocidades con que se moven os astros, mesmamente, as velocidades con que nós nos estamos movendo agora, resultan asombrosas.” (Ramón Vilalta López: Astronomía práctica e outras cousas, 1999)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.