Período de tempo dedicado ao descanso do traballo
Etimoloxía
Voz procedente da latina assuetus participio pasado do verbo assuesco ‘acostumarse’.
Exemplos *
“No camiño de volta á Auria detívose na aldea de Loiras (...). Como o ambiente era de asueto axiña lle abriron a porta, e foi recibido por un home de case cinco cuartas de peito, (...), sen barbear e lucindo sobre unha camiseta interior como única peza de roupa unha medalla da Virxe das Vascongadas.” (Jorge Emilio Bóveda: As sete mortes de Leopoldo Pardo, 2018)
“Logo dunhas felices semanas de relaxación e asueto, que aproveitaramos basicamente para comermos até fartar, descansar a perna solta e torrármonos na praia, Prit e mais eu foramos citados ao mediodía daquela mañá na antiga sede do MALCAN.” (Manel Loureiro: Apocalipse Z. Os días escuros, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.