asustadizo -a

Que se asusta con facilidade

Etimoloxía

Termo creado desde o participio do verbo “asustar”, que, á súa vez, é unha creación sobre “susto”, palabra de orixe incerta.

Exemplos *

“Desesperábase o filósofo da familia e argumentaba do "tabú do sexo" (diante da Luciúca asustadiza, sempre que podía).” (Xavier Alcalá: A nosa cinza, 1980)

“Un neno como fun eu: só, illado, fuxitivo, aterrado por dar razón de si; a pedir, asustadizo, libros na biblioteca pública.” (David Pérez Iglesias: Estación Término¸1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.