Acción que intenta causar un dano nun sistema informático ou tomar o seu control
Etimoloxía
Substantivo regresivo do verbo “atacar”, que ten unha orixe discutida; pénsase que vén do italiano attaccare ‘asaltar con violencia’.
Exemplos *
“O xigante informático Microsoft recoñeceu un novo ataque a un servidor de Internet, causado por un 'pirata' holandés” (Redacción: O Correo Galego, 11-11-2000)
“O acoso laboral _mobbing_ e inmobiliario (até tres anos de cárcere), os subornos e fraudes no deporte, os ataques informáticos e o tráfico ilegal de órganos considéranse delito na reforma” (Marga Tojo: Galicia Hoxe, 27-11-2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.