Comportamento ou xesto co que se responde ás necesidades ou aos desexos doutro
Etimoloxía
Vocábulo que nos leva ao latín attentio, -ōnis.
Exemplos *
“Isto é moi bonito, comentou Marcelo con cortesía. Non estaba moi seguro de que puidese considerarse bonito aquel ostentoso conxunto de riqueza, e máis con todas aquelas roupas tiradas de calquera xeito polo chan, pero agradecía as atencións do seu anfitrión.” (Vanesa Santiago: A vida sinxela de Marcelo Firmamento, 2017)
“O xerente, D. Daniel, e o encargado de persoal, o Sr. Xusto, eran moi aquelados e tiñan por norma desfacérense en atencións con elas. Se precisaban algunha cousa non había máis que a pedir.” (Manuel Portas: Un dedo manchado de tinta, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


