Lugar público da Grecia antiga dedicado á deusa Palas Atenea, onde se lían obras literarias/ Asociación de carácter cultural / Local onde unha asociación deste tipo ten a súa sede
Etimoloxía
A palabra vén do latín Athenaeum, pero este vocábulo bebe do termo grego Athḗnaion 'templo de Atenea', situado en Atenas.
Exemplos *
“Os ilustrados e rexeracionistas de antes soñaban, desde as butacas de coiro dos ateneos, con levar a cultura á xente. Coidaban eles que todos os males nacían da ignorancia e, para combatela, organizaban nas vilas representacións de Fuenteovejuna.” (Xosé Cermeño: Ciencia de facer as camas, 1994)
“Alí, na Fontenova, estaba o local do ateneo libertario. Parecía desposuído de todo. Tamén do nome. O letreiro de cristal de azougue que lucira na fachada estaba feito cachizas.” (Manuel Rivas: Os libros arden mal, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


