atentado

Ataque grave ou acto de violencia contra a autoridade, un país ou a integridade física dunha persoa

Etimoloxía

Substantivación do participio do verbo “atentar” que vén do latino attentāre 'emprender', 'atacar'.

Exemplos *

“O acceso ao saber, a oportunidade de estudar, é un dereito do que durante moitos séculos a meirande parte da poboación estivo excluída. Moitos, sobre todo moitas, aínda o están, como lembra o atentado á paquistaní Malala Yousafzai.” (Marilar Aleixandre: Sermos Galiza, 23-5-2019)

“O feminicidio é o xenocidio contra mulleres, e sucede cando as condicións históricas xeran prácticas sociais que permiten atentados violentos contra a integridade, a saúde, as liberdades e a vida de nenas e mulleres (Lagarde 2008: 215-216)).” (Carmen Adán: Feminicidio. Unha nova orde patriacal en tempos de submisión, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.