aterrar

Pousar en terra un avión ou nave espacial.

Etimoloxía

Sobre o nome terra que procede do latín terra, –ae 'terra, país ou territorio' engadindo asemade o prefixo a- e o sufixo -ar créase o verbo.

Exemplos *

"O avión aterra fronte a ventá do meu xardín prohibido." (Manuel Seixas: Viñeron do espacio interior)

"Dresde é, para min, unha lembranza moi especial porque, nada máis caer o Muro de Berlín, voei a Dresde e o meu avión era o primeiro que aterraba alí." (Xosé Antonio Silva: O Correo Galego 19-02-1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.