Causar terror a / sentir temor a facer algo
Etimoloxía
Palabra derivada que se forma a partir do verbo latino terrere ‘infundir medo’ ou ‘espantar’.
Exemplos *
“Finalmente, demos tirado do fondo da sepultura o ataúde da filla maior e en levantando a tampa vimos aterrecidos como o seu cadáver, a pesar de ser o máis antigo, se conservaba cun magnífico aspecto exterior.” (L.C. Carballal: Historias non irreais, 2001)
“Mais tiña serios receos. Non podía esquecer aquela aparición na noite do martes despois da Pascua, mentres camiñaba de York a Londres, aquela luz que aterrecera os corazóns de toda Inglaterra.” (Xoán Bernández Villar: No ano do cometa, 1987)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.