atiplado, -a

Voz, son agudo, coma o do tiple

Etimoloxía

A voz é o participio pasado do verbo “atiplar” e este, á súa vez, fórmase sobre o termo “tiple” que é a designación da voz máis aguda e cuxa orixe resulta dubidosa.

Exemplos *

“Cleofás durmía estomballado, como quen tira unha chaqueta nun sofá, e mantiña conversas consigo mesmo durmido. Segundo falase o Cleofás de voz atiplada ou o Cleofás de voz gregoriana, Cleofás poñía un aceno distinto.” (Antón Lopo: Ganga, 2001)

“Ó velo, parecía que de alí ía saír un trono de voz, pero falaba dun xeito atiplado que chamaba moito a atención.” (Xosé M. del Caño: Conversas con Manuel María, 1990)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.