atlante

Estatua con figura de home que se usa como columna e sostén sobre a cabeza ou os ombreiros a parte baixa dunha cornixa ou outro elemento do edificio.

Etimoloxía

Procede do grego Atlas –antos, nome do titán a quen Zeus condenou a levar o ceo ás costas.

Exemplos *

“Baixo a insensible mirada dos atlantes de mármore, que só están para garda-la cheminea, o Meiriño Novo afúndese na febre e na desesperanza.” (Ramón Loureiro: O corazón portugués)

“... Serlio foi tamén un dos pintores que traballaron na decoración do palacio, e deseñou tamén a ornamentación con estatuas de atlantes para a gruta da Fontaine Belle-Eau.” (Xerardo Neira: Galicia Hoxe 26-04-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.