Colección de mapas e cartas xeográficas, nun volume
Etimoloxía
Aínda que entrou desde o latín Atlas, procede do grego Átlas, xigante da mitoloxía grega que sostiña sobre os seus ombreiros a bóveda celeste.
Exemplos *
“Pendurados d’as horas / atlas xeográficos d‘esperantos están sin tradución / E tatexan as pipas / c’o ademán políglota d’as bandeiras” (Manuel Antonio: “Navy Bar” en De catro a catro, 1928)
“Sempre me entusiasmou a xeografía e desde neno pasaba horas debruzado diante dun atlas ou dun mapa. Había nenos xogando ao fútbol, tirando pedras, atacando fortíns inexpugnables, pero eu era feliz cunha reportaxe do National Geografic que, puntualmente, traía meu pai á casa.” (Fernando Díaz-Castroverde: Microbios e outros paquidermos / National Geografic, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.