Deporte que abrangue varias disciplinas como as carreiras a pé, saltos e lanzamentos.
Etimoloxía
Deriva de atleta, que procede do grego athletes, -ou 'loitador ou atleta'.
Exemplos *
"Era un circo kitsch, con cores saídas do caletre dun Jerry Lewis oriental, no que as artes que se exhibían lindaban todas co atletismo." (Xosé Cermeño: Ciencia de facer as camas)
"… a Señora Elpidia montara para Rose un cuarto na casa do Hío cos recordos da súa infancia: as súas medallas de atletismo, a roupa vella e as fotos da súa época no instituto…" (Antón Lopo: Ganga)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.