atomizador

Aparello que permite pulverizar unha substancia en pingas moi miúdas

Etimoloxía

Vocábulo creado sobre “atomizar” que remite a “átomo” do grego átomon ‘indivisible’.

Exemplos *

“No baño e na cociña: Emprega difusores, atomizadores ou aireadores nas billas, reducen a cantidade de auga.” (Ramsés Pérez Rodríguez: Guía de ecoloxía cotiá. Ideas e accións para un consumo sustentábel, 2008)

“A primeira imaxe que teño de a casa é a de a billa de a auga, que tiña un atomizador para que non salpicase fóra de o fregadeiro.” (Xesús Manuel Valcárcel: O capitán lobo negro, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.