Enxeño mecánico ou xogo como carruseis, noras, tómbolas etc. que adoitan instalarse no campo dunha festa para divertimento, xeralmente, dos máis pequenos.
Etimoloxía
Termo que chega desde o latín tardío attractio, -ōnis ‘atractivo’.
Exemplos *
“A infancia, a buligar impulsivamente, desde a alborada inauguradora até a fin de festa no río, entre as cantarelas disonantes das tómbolas da praza, as atordadas carrilanas e as barulleiras atraccións do campo de San Martiño, cun sorriso de regalicia e ollos regalados permanentemente instalados nas caras sorprendidas.” (Mercedes Queixas: Contos da taberna, 2014)
“As festas do verán (...)... onde os nenos pelexabamos por coller as canas dos foguetes e trouleabamos incansables no campo das atraccións.” (Agustín Fernández Paz: O rastro que deixamos, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.