atrasar

Darlle a algo para atrás.

Etimoloxía

Verbo formado orixinalmente sobre o adverbio atrás, que deriva do termo tras que procedía do latín adtrans que significaba 'máis alá de'.

Exemplos *

"Para min cando atrasan a hora é coma se comezase o inverno, ¿ti que dis, non che pasa igual?" (Xurxo Borrazás: Na maleta, 2000)

"Habería que estudalo e ver se interesa atrasar outra hora máis." (H. Vixande: A Nosa Terra 21-12-2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.