Acción moi mala ou cruel que suscita horror
Etimoloxía
Termo que chega desde o equivalente latino atrocitas de significado semellante.
Exemplos *
“Non hai nada seguro. Pero o Mauro non era ningún desalmado capaz de semellante atrocidade.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)
“Son moitas as atrocidades da vida moderna, dominada polo maquinismo e a fe no progreso.” (Olivia Rodríguez González: Estética e teoría da cultura en Vicente Risco, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


