Que se fai con moita maldade ou crueldade / Moi intenso ou difícil de soportar
Etimoloxía
Cultismo que nos remite ao latín atrox ‘ameazador’, ‘funesto’.
Exemplos *
“Un sádico cruel. Se o medo atroz non a paralizase, iría alí e mataríao coas súas propias mans para, polo menos, estar no cárcere por algo que merecese a pena.” (Inma López Silva: Aqueles días en que eramos malas, 2019)
“Con eles, cos corvos, a paisaxe tinguírase de negro, dun negro compartido pola maioría das mulleres e dalgúns homes da vila, que expresaban a súa dor cun loito que se volvera atroz e que duraría moito máis do imaxinado.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


