atún

Peixe da familia dos escómbridos, de corpo fusiforme e tamaño grande, aletas pectorais pequenas, cor azul escura no lombo e prateada no ventre, moi apreciado pola súa carne

Etimoloxía

Vocábulo que nos chega desde do árabe hispánico attún, este remite ao clásico tunn, e que bebía do latín thunnus, nome do peixe.

Exemplos *

“Quen sabe se nuns anos os míticos spaghetti con atún, prato internacional dos estudantes, non poderían ser substituídos por un lacón con grelos ou por unhas verzas con chourizo. Non está moi claro a imaxe que debería ter o Popeye galego, pero si o que debería comer...” (Rubén Valverde: A Nosa Terra, 5-9-2002)

“(...) para que merenden os nenos, mellor bocadillo de atún ou sardiñas en aceite, de xamón curado ou cocido, de tortilla, de chourizo, sándwich vexetal con xamón.” (Ricardo Oleaga e Iker Merchán: Consumer Eroski, 9-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.