aturuxo

Berro agudo, forte e prolongado que se emite en sinal de alegría, nas festas e foliadas ou mentres se realizan algúns labores agrícolas

Etimoloxía

Crese que é unha palabra de orixe onomatopeica.

Exemplos *

“Do meu val de biriscas e petrucios / e de nenas souriles e de mozos / que chegan ata o sol coas súas cantigas, / e de aturuxos que os ouvidos fire” (Florencio Delgado Gurriarán: Galicia infinda, 1963)

“Nunca poderá volver poñer as zocas, o home do sombreiro camiña ausente pola vila de trazos medievais e nota que pasaron os días dos aturuxos, das ruadas e de cando as botas se quentaban ao carón da lareira.” (Pedro Rielo: Galicia Hoxe, 30-3-2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.