audacia

Disposición do espírito que leva á execución sen temor de accións difíciles e perigosas

Etimoloxía

Voz que procede da latina lat. audācĭa,ae 'ousadía’, ‘atrevemento’, ‘temeridade'.

Exemplos *

“Escribes con fame / e con audacia / unha fascinación. / Fuches condenada á valentía. / Calar ou ser perversa. / ¡Velaí!” (María Xosé Queizán: “Autopoética”. Boletín Galego de Literatura, 12, 1994)

“É precisamente esta audacia a que nos arrastra: somos vítimas da exhibición: somos mentira: pasamos a / vida comendo xente.” (Rosa Enríquez: “Desobediencia”. Galicia Hoxe. “revista das Letras”, 835, 2-9-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.