audiencia

Conxunto de persoas que asisten a un espectáculo ou que atende a un programa de radio ou de televisión.

Etimoloxía

Termo culto que procede da palabra latina audientia que significaba 'o silencio dos oíntes, atención' e esta créase sobre audire 'oír'.

Exemplos *

"Este impenitente camariñán que acaba de recibi-lo Premio Ondas de Radio 1990 pola súa destacada actividade á fronte da Radio Galega, á que conseguiu elevar á máis alta cota de audiencia da súa historia" (Agustín Sixto Seco: "Prólogo" de Camariñas terra de palilleiras)

"Pensaron tamén en patrocinar un programa de radio cunha audiencia moi interesante para esta atún en salsa de pementos." (Xosé Cermeño: A publicidade. A fábrica dos desexos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.