audiolibro

Gravación da lectura dun libro en soporte sonoro

Etimoloxía

Palabra composta pola partícula latina “audio-” que significa ‘audición’ ou ‘son’ e o termo “libro” que vén do latino liber de significado semellante.

Exemplos *

“E, un ano máis tarde, Brinkmann levou postumamente outro galardón máis, neste caso polo mellor audiolibro alemán da temporada.” (Frank Meyer: A Nosa Terra, 8-2-2007)

“Todo nos valeu para aprender, explica o director, Moisés Barcia, eran proxectos arriscados pero prudentes a nivel económico. O audiolibro, que non callou, é unha idea que non obstante triunfa en moitos países.” (César Lorezo: Luzes, 11-2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.