audiovisual

Técnica, sistema, medio de comunicación que combina o son e a imaxe.

Etimoloxía

Palabra composta do prefixo audio- 'son' procedente do latín audire 'oír' e a palabra visual 'visión' que vén de visualis, –e 'da vista'.

Exemplos *

"Rodrigo Romaní seica ía falar da música de tradición oral, Reixa da música no audiovisual galego…" (Pedro Feijoo Barreiro: ¡Viva o fu remol! Ópera en cinco actos sobre a música ó pé da rúa)

"Un dos sectores máis estratéxicos e sensibles fronte ao proceso de globalización das industrias culturais é o do audiovisual." (Xan Bouzada Fernández: Cultura e novas tecnoloxías)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.