Perfume que se fai con auga, alcohol e distintos aromas
Etimoloxía
Frase formada polo substantivo “auga” que vén do equivalente latino aqua e modificado por “de colonia” que nos leva á cidade de Colonia, unha cidade alemá.
Exemplos *
“Cando eu a coñecín, apoiaba a súa impoñente figura nun caxato con empuñadura de prata e levaba o cabelo branco recollido nun moño. Nas mans lucía aneis e sempre arrecendía a auga de colonia, fresca e vaporosa.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela) 2014)
“A xeito de exemplo mostrou o señor cura relatante un papel anónimo e manuscrito no que se podía ler que Anselmo Carrasco Fernández mercara xabón da Toxa, un frasco de auga de colonia de mesma marca e medio quilo de figos pasos.” (Carlos Casares: Os mortos daquel verán, 1987)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.