A que contén pouca cantidade de sal en disolución e pode servir para beber
Etimoloxía
Locución formada polo substantivo “auga” que vén do equivalente latino aqua e modificado co adxectivo “doce” que procedo do latín dulcis de significado semellante.
Exemplos *
“O artigo científico sinala que estes fentos vivían en lagos de auga doce. E facíano nun momento clave, á espera de que chegasen as plantas anxiospermas, as que teñen flores e sementes, como a gran maioría das da actualidade.” (Eduardo Rolland: GCiencia. O portal da ciencia galega, 10-2014)
“Se Fisterra era a fin do mundo, Orballo era onde o mundo se parara : unha cidade conservada en auga doce que podía ser vista a través do chan de vidro dos catamaráns que sucaban a vila.” (Henrique Mariño: Contos de taberna, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.