auga miúda

Chuvia miúda

Etimoloxía

Locución polo substantivo “auga” que vén do equivalente latino aqua e o adxectivo “miúdo” que remite ao latín minutus ‘diminuto’, ‘pequeno’.

Exemplos *

“Detrás das fiestras caía a tarde, acompañada dunha auga miúda. Ennegrecía o gris por entre os cómaros, alí no souto, nos recantos que formaban os valados, nos alongados ocos dos regos.” (Antonio Rodríguez Baixeras: O rei dos ameneiros, 1987)

“Espantáronse disto porque non chovía senón auga miúda, que non adoita caer raios cando así chove, nin houbo tronada, pero que non saben como se acendeu.” (Beatriz Fernández Herrero: Bernardino de Sahagún, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.