Asunto que xa non ten interese
Etimoloxía
Locución polo substantivo “auga” que vén do equivalente latino aqua e o participio “pasado” que remite ao verbo “pasar” que nos leva ao latín vulgar *passare ‘pequeno’.
Exemplos *
“–Iso é auga pasada, Refoxos –dixo Gómez Correa–. Ese caso xa está xulgado e coa procesada absolta ; non imos aburrir con historias vellas ao noso invitado o capitán Soutomaior.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)
“Pero, en fin, ese asunto, meu querido socio, é auga pasada ; non che gardo rancor, en serio ; iso si, de agora en adiante teremos que consultarnos todos os negocios, todos, todiños, mesmo os máis privados...” (Uxía Casal: Vidas exemplares, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.