Provisión de auga potable, en xeral para unha viaxe por mar
Etimoloxía
Voz derivada sobre “auga” que vén do latín aqua.
Exemplos *
“Estaban cerca, fondeados na vertente leste das illas Cíes, a que viamos dende o interior da ría, mais iso non significaba que pretendesen entrar na ría e atacarnos. Se cadra estaban a facer augada e leña para continuar viaxe.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)
“Puidemos facer a augada e subir a bordo as provisións que necesitabamos , algunhas máis e distintas daquelas que xa apañaramos o día anterior .” (Alfredo Conde: María das Batallas, 2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


