augamar

Animal mariño brando e transparente, do grupo dos celentéreos, co corpo xelatinoso en forma de paraugas ou de campá, do que saen uns tentáculos urticantes

Etimoloxía

Vocábulo formado pola palabra “auga” do latín aqua e “mar” de procedencia latina tamén, mare de significado semellante ao actual.

Exemplos *

“Ó día seguinte irían á praia, para nadar e para tomar o sol, (...), para dar grandes paseos coleccionando cunchas e pedras e se cadra tamén, para ver as augamares azuis desecándose na beira do mar, para sacudir o po da rutina e para xogar a construír castelos na area.” (Xavier Queipo: Papaventos, 2001)

“Multiplicándose con enorme rapidez en mares e lagoas, estes encheron as augas de algas, augamares, esponxas, caracois de mar, vermes, ourizos, estrelas, anémonas e artrópodos, entre eles os coñecidos trilobites.” (Pedro José Carcajosa Arroyo: Dos quarks á próxima extinción. Unha viaxe fascinante pola historia do Universo e a vida, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.