augamariña

Variedade de berilo transparente, de cor entre azul e verde, coma a da auga do mar, que se utiliza en xoiaría.

Etimoloxía

É unha forma composta a partir de dúas palabras procedentes do latín, auga, de aqua, -ae e mariño, de marinus, -a, -um ‘do mar’.

Exemplos *

“Os seus ollos pasan do verde augamariña do mar aos ollos de Anne.” (María Reimóndez: Pirata)

“Ó iniciar aquelas tolas, divertidas e ben planificadas vacacións do verán do noventa e dous, eu sabía que con Nacho a existencia podía ter unha cor singular. ¿Verde augamariña, quizais?” (Xosé Antonio Perozo: Martázul)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.